Skip to content

Latest commit

 

History

History
127 lines (90 loc) · 10.1 KB

xogadas.md

File metadata and controls

127 lines (90 loc) · 10.1 KB
nav_order
2

Xogadas básicas

Combate corpo a corpo (Hack and Slash)

Cando atacas a unhe inimigue en combate corpo a corpo, rola+FOR. ✴Nun 10+, fas o teu dano ae inimigue e evitas o seu ataque. Opcionalmente, podes escoller facer +1d6 de dano expoñéndote ao ataque inimigo. ✴Nun 7–9, fas o teu dano ae inimigue e ele fai un ataque contra ti.

Disparar (Volley)

Cando apuntas e disparas ae unhe inimigue ao teu alcance, rola+DES. ✴Nun 10+, tes un tiro limpo: fai o teu dano. ✴Nun 7–9, escolle unha opción e fai o teu dano:

  • Tes que moverte para podes ter un tiro limpo, poñéndote baixo un perigo da elección da DX.
  • Tes que conformarte con facer o disparo como podes: -1d6 de dano.
  • Tes que realizar varios disparos, restando 1 á túa munición.

Desafiar un perigo (Defy Danger)

Cando actúas a pesar dunha ameaza inminente ou sofres unha desgraza, di como lidias con ela. Se o fas...

  • ...á forza, rola+FOR.
  • ...esquivando ou actuando rápido, rola+DES.
  • ...resistindo fisicamente, rola+CON.
  • ...pensando rápido, rola+INT.
  • ...coa túa fortaleza mental, rola+SAB.
  • ...usando o teu encanto ou habilidades sociais, rola+CAR.

✴Nun 10+, consegues o que querías: a ameaza non se materializa. ✴Nun 7–9, tropezas, dubidas, ou tremes: a DX ofrecerache un resultado peor, unha oferta difícil, ou unha decisión comprometida.

Defender (Defend)

Cando defendes a unha persoa, obxecto, ou lugar que está baixo ataque, rola+CON. ✴Nun 10+, reserva 3. ✴Nun 7–9, reserva 1. Mentres manteñas a túa posición defensiva, cando ti ou o uqe esteas defendendo recibades un ataque, podes gastar 1 reserva, de unha en unha, entre as seguintes opcións:

  • Redirixe un ataque dirixido ao que estás defendeno para que te afecte a ti no seu lugar.
  • Reduce á metade o efecto ou dano do ataque.
  • Crea unha oportunidade para que unhe aliade ataque ae atacante, facendo que sume +1 no seu seguinte ataque contra ê atacante.
  • Fai dano ae atacante igual ao teu nivel.

Exhibir coñecemento (Spout Lore)

Cando consultas o teu coñecemento acumulado sobre algo, rola+INT. ✴Nun 10+. a DX contarache algo interesante e útil sobre o suxeito en cuestión que sexa relevante para a situación. ✴Nun 7–9, a DX contarache só algo interesante: é cousa túa buscarlle utilidade. A DX pode preguntarche: "como sabes isto?" Cóntalle a verdade, agora.

Discernir a realidade (Discern Realities)

Cando estudas detidamente unha situación ou unha persoa, rola+SAB. ✴Nun 10+, fai á DX 3 preguntas da lista de abaixo. ✴Nun 7–9, fai 1. Suma +1 á túa seguinte rolada na que actúes en base ás respostas.

  • Que pasou aquí recentemente?
  • Que está a piques de pasar?
  • A que debería estar atente?
  • O que, de aquí, é útil ou valioso para min?
  • Quen ten realmente o control aquí?
  • O que, aquí, non é o que parece?

Parlamentar (Parley)

Cando tratas de manipular unha PNX a cambio de algo que ela quere ou precisa, rola+CAR. ✴Nun 10+, fai o que lle pides, se primeiro prometes facer o que ela quere. ✴Nun 7–9 tamén, pero precisará agora mesmo algún tipo de proba de que cumprirás a túa promesa.

Axudar ou interferir (Aid or Interfere)

Cando axudas ou interfires con alguén, rola+Vínculo con ese alguén. ✴Nun 10+, a outra persoa suma +1 ou resta -2 á súa rolada, a elección é túa. ✴Nun 7–9 tamén, pero ademais exposte a algún tipo de perigo, retribución, ou custo.

Xogadas especiais

Derradeiro alento (Last Breath)

Cando estás morrendo, vislumbras brevemente o que hai máis aló das Portas Negras do Reino da Morte (a DX describirao). Despois, rola (simplemente rola, si, +nada, á morte non lle importa o guai que es). ✴Nun 10+, enganas á more: estás nunha situación perigosa, pero polo menos con vida. ✴Nun 7–9, a Morte ofréceche un trato: acéptao e estabilízate, ou rexéitao e atravesa as Portas Negras cara o que sexa que agarda o destino. ✴Nun 6-, o teu destino queda sellado: es marcade como propiedade da Morte e pronto atravesarás o seu limiar. A DX dirache cando.

Sobrecarga (Encumbrance)

Cando realizas unha xogada mentres cargas cun peso inferior ou igual á túa carga máxima, estás ben. Cando realizas unha xogada mentres cargas cun peso igual á túa carga máxima +1 ou +2, resta -1 á túa rolada. Cando realizas unha xogada mentres cargas cun peso superior á túa carga máxima +2, escolle: solta polo menos 1 de peso e rola restando -1, ou fracasa automaticamente.

Acampar (Make Camp)

Cando te asentas para descansar, consume unha ración. Se estás nalgún lugar perigoso, decide tamén a orde das gardas. Se tes suficientes XP, podes subir de nivel. Cando espertas de polo menos unhas horas de sono ininterrumpido, sana unha cantidade de PG igual á metade dos teus PG máximos.

Facer garda (Take Watch)

Cando estás de garda e algo se aproxima ao campamaneto, rola+SAB. ✴Nun 10+, podes espertar o campamento e preparar unha resposta: todo o campamento suma +1 á súa seguinte rolada. ✴Nun 7–9, reaccionas tarde: espertas o campamento, pero non tedes tempo para prepararvos con máis que armas e armaduras. ✴Nun 6-, o que sexa que vos espreita cóllevos por sorpresa.

Tomar un camiño perigoso (Undertake a Perilous Journey)

Cando viaxas por territorio hostil, escolle unhe integrante do grupo para que actúe como guía, outre como centinela de avanzada, e outre como xestore de recursos (unha personaxe non pode ter máis de un rol). Se non tes suficientes integrantes ou escolles non asignar un rol, trata ese rol como se rolase un 6. Cada personaxe cun rol rola+SAB.

✴Nun 10+:

  • Ê xestore de recursos reduce o número de racións requeridas en 1.
  • Ê guía reduce o tempo requerido para chegar ao destino (a DX dirá canto).
  • Ê centinela avistará calquera problema a tempo para afrontalo con preparación e collelo por sorpresa, se é o caso.

✴Nun 7–9, cada rol realiza o seu traballo como é esperado: o número esperado de racións é consumido, a viaxe dura o tempo esperado, e ninguén vos colle por sorpresa, nin vós colledes a ninguén.

Subir de nivel (Level Up)

Cando tes tempo de repouso (horas ou días) e tantos XP como o teu nivel+7, resta o teu nivel+7 dos teus XP actuais, suma 1 ao teu nivel, e escolle unha nova xogada avanzada da túa clase. Se es mague, tamén podes engadir un novo feitizo ao teu libro de feitizos.

Escolle unha das túas características e auméntaa en 1 (pode que isto cambie tamén o seu modificador). Cambiar a túa Constitución tamén cambiará os teus PG máximos e actuais. As puntuacións de característica non poden ser maiores de 18.

Rematar a sesión (End of Session)

Cando chegas ao final dunha sesión, escolle un dos teus vínculos que sintas que estea resolto (está completamente explorado, xa non é relevante, e cousas así). Pregunta ae xogante da PX coa que tes o vínculo se está de acordo. Se o está, gaña 1 XP e escribe un novo vínculo con quen queiras.

Unha vez os teus vínculos estean actualizados, mira o teu aliñamento. Se cumpriches ese aliñamento polo menos unha vez esta sesión, gaña 1 XP. Despois, respondede estas tres preguntas en grupo:

  • Aprendemos algo novo e importante sobre o mundo?
  • Superamos un monstro ou inimigue importante?
  • Conseguimos algún tesouro memorable?

Por cada resposta afirmativa, todo o mundo gaña 1 XP.

Festexar (Carouse)

Cando voltas triunfante e o celebras cunha gran festa, gasta 100 moedas e rola +1 por cada 100 moedas adicionais que gastes. ✴Nun 10+, escolle 3 opcións. ✴Nun 7–9, escolle 1. ✴Nun 6-, tamén escolles unha, pero as cousas vanse das mans.

  • Fas amizade cunha PNX útil.
  • Escoitas rumores dunha oportunidade.
  • Gañas información útil.
  • Non es atrapade, enfeitizade, ou enganade.

Abastecerse (Supply)

Cando vas de compras, se procuras algo amplamente dispoñible no lugar no que estás, podes simplemente compralo a prezo de mercado. Se é algo especial, fóra do que hai normalmente aquí, ou non mundano, rola+CAR. ✴Nun 10+, atopas o que estás buscando a un prezo xusto. ✴Nun 7–9, terás que pagar máis ou conformarte con algo que non é exactamente o que buscabas.

Recuperarse (Recover)

Cando non fas nada máis que descansar de forma cómoda e ssegura, despois dun día de descanso, recuperas todos os teus PG. Despois de tres días, recupéraste dunha debilidade da túa elección. Se estás baixo o coidado dunhe sanadore (máxique ou non), sanas unha debilidade por cada dous días de descanso, en lugar de tres.

Recrutar (Recruit)

Cando anuncias que buscas contratar axuda, rola e suma +1 por cada unha das seguintes cousas que se cumpran:

  • Anuncias que o pago é xeneroso.
  • Anuncias que é o que planexas facer.
  • Anuncias que parte do que sexa que atopes será parte do pago.
  • Tes boa reputación no lugar.

✴Nun 10+, podes escoller de entre un bo número de candidates e non tes penalización por non contratales. ✴Nun 7–9, terás que conformarte con alguén próximo ao que buscabas ou descartar a todes. ✴Nun 6-, alguén con influencia ou non apropiade para o traballo declara que quere apuntarse (unha moza temeraria ou un inimigo velado, por exemplo): contrátae e sofre as consecuencias ou rexéitae. Se rexeitas algunhe candidate, restas -1 á túa próxima rolada de recrutar.

Asuntos pendentes (Outstanding Warrants)

Cando voltas a un lugar civilizado no que causaches problemas anteriormente, rola+CAR. ✴Nun 10+, todo o mundo coñece os teus actos e te recoñece. ✴Nun 7–9, o mesmo, pero a DX escolle unha complicación:

  • As autoridades locais ordenaron o teu arresto.
  • Alguén puxo prezo á túa cabeza.
  • Alguén importante para ti está en problemas por culpa das túas accións.

Prepararse (Bolster)

Cando gastas tempo de repouso estudando, meditando, ou adestrando, gaña preparación. Se te preparas durante unha ou dúas semanas, gaña 1 preparación. Se te preparas por un mes ou máis, gaña 3. Cando te aproveites da túa preparación, podes gastar 1 preparación a cambio de +1 en calquera rolada. Só podes gastar 1 preparación por rolada.